Sunday 05 de May de 2024

O Concello aproba unha modificación de crédito para habilitar unha partida superior aos 316.000 euros para executar obras de mellora de camiños


Realizaranse un total de 14 intervencións de acondicionamento de viais municipais con investimento procedente de fondos propios

O Concello de Neda habilitará unha partida de 316.526,94 euros para, con fondos propios, acometer unha serie de obras de mellora de camiños en pistas municipais. Esta semana, a corporación aprobaba en pleno, co apoio do grupo de goberno (PSOE) e PP e a abstención de BNG e Moveneda, a modificación de crédito para dotar de fondos estas actuacións.

Agora, o expediente someterase a información pública e, no caso de non recibir alegacións, quedará definitivamente aprobado. A partir de aí, o Concello estará en disposición de sacar a contratación as intervencións, 14 en total.

Os proxectos están redactados, e en 8 das 14 zonas de actuación, solicitados os informes sectoriais pertinentes ás diferentes administracións e organismos, tal que Demarcación de Costas, Adif ou Augas de Galicia, entre outros.

Así, polo miúdo, as obras de acondicionamento levaranse a cabo en:
-Porta da Pena (Viladonelle)
-Regueiro
-Os Foxos
-Toeleira
-Os Tortos
-Coto-Principiño
-Vilar-Sandes
-Vila de Anca
-Carballa

-As Barreiras
-Riocobo
-Médico Cebreiro
-Camiño Ribeira de Santa María
-Vial de acceso ao polideportivo de Anca